Chegou o momento. A recta final da temporada abre o seu pano co inicio das Fases Finais FEGABA da man da categoría Júnior.
Os Campionatos “Xunta de Galicia” de 1º División Júnior Masculina e Feminina péchanse esta fin de semana decidindo o seus campións e as prazas clasificatorias para o Campionato de España, un total de 2 en xogo en cada caso,
A totalidade dos partidos de ambas as fases poderemos vivilos en directo vía FEGABA TV e coas seguintes sedes, horarios e calendario de cruces.
FASE FINAL – CAMPIONATO “XUNTA DE GALICIA” 1 DIVISIÓN JÚNIOR FEMININA
Organiza: CD Bosco
Sede: VIGO. Pavillón Navia.
En xogo: Título Galego e 2 prazas no Campionato de España.
05/04/25 – Semifinais – En directo vía FEGABA TV.
(10:30 h) Celta Baloncesto – Manuel Peleteiro
(12:30 h) Cafés Candelas Ensino – Básquet Coruña Leyma U18
06/04/25 – En directo vía FEGABA TV.
(10:30 h) 3 – 4 Posto
(12:30 h) Final
FASE FINAL – CAMPIONATO “XUNTA DE GALICIA” 1 DIVISIÓN JÚNIOR MASCULINA
Organiza: FEGABA
Sede: NOIA. Pavillón Alonso Rodríguez.
En xogo: Título Galego e 2 prazas no Campionato de España.
05/04/25 – Semifinais – En directo vía FEGABA TV.
(16:00 h) Obradoiro Peleteiro – NEXO 8 ETT Novobasket
(18:00 h) Cafés Candelas Ensino – S.D. Tui
06/04/25 – En directo vía FEGABA TV.
(16:00 h) 3 – 4 Posto
(18:00 h) Final










