A Federación Galega de Baloncesto celebrou este luns, 1 de xuño; a súa Asemblea Xeral 2025–2026, dando cumprimento á orde do día estipulada, e con 23 asembleístas presentes, dun total de 72.
O Presidente FEGABA, Julio Bernárdez, abriu a mesma realizando o balance da tempada desde diferentes perspectivas e dando paso aos responsables de áreas FEGABA: Darío Méndez, Director Deportivo e Daniel Illán, Director Técnico CGAB.
Os asembleístas acometeron as votacións e aprobacións relativas ás Modificacións do Regulamento Xeral e Disciplinario, ás Bases de Competición, o Calendario de Actividades 2026–2027 e as contas anuais.
Normativa e Informe de Actividades
A nova normativa FEGABA aprobada na Asemblea poderase consultar nos vindeiros días. Pola súa banda, a Memoria de actividades 2025 – 2026 xa está dispoñible.










