ELECCIÓNS FEGABA 2026: Acta Xunta Electoral – resolución renuncias mesas electorais e novos nomeamentos

Continuando co cumprimento do Calendario Electoral para as ELECCIÓNS FEGABA 2026, remítese a acta da reunión da Xunta Electoral celebrada o 16 de agosto de 2026, cuxo obxecto é a resolución das renuncias presentadas a membro das 8 mesas electorais nomeadas en actas anteriores e novos nomeamentos de persoas para este cometido.

Acta Xunta Electoral – 16/08/26

Información importante: Enténdase de novo, que para este terceiro nomeamento, as persoas propostas deberán aceptar esta designación no prazo de dous días seguintes a súa comunicación por mail, agás causa xustificada e documentada que lles impida a aceptación do cargo, a cal deberán comunicar dentro deste prazo ao enderezo electrónico ELECCIONS@FEGABA.com

Indicar que a participación nas mesas electorais será remunerada.

A información, ao completo, do PROCESO ELECTORAL, pode consultarse AQUÍ.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias