Cumprindo o establecido polo Calendario Electoral para as ELECCIÓNS FEGABA 2026, remítese a acta da reunión da Xunta Electoral celebrada o sete de agosto de 2026, cuxo obxecto é resolver sobre o nomeamento da mesa electoral do voto por correo para a votación dos candidatos a membros da Asemblea Xeral da Federación Galega de Baloncesto.
A acta completa coa información correspondente á reunión e ás decisións tomadas en torno á composición da mesa pode consultarse a continuación:
Acta Xunta Electoral – 07/08/26
Información importante: Os/as nomeados/as disporán dun prazo de 2 días hábiles dende a comunicación da presente resolución para aceptar ou renunciar ao propósito para o que foron nomeados/as, debendo facelo mediante comunicación escrita vía mail (eleccions@fegaba.com) dirixida á Xunta Electoral.
A información, ao completo, do PROCESO ELECTORAL, pode consultarse AQUÍ.








