A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

A sede muda ao Parque da Xunqueira e seguen abertas as inscricións tanto para esta cita como para as de Vigo e A Estrada.

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para este fin de semana en Vilagarcía de Arousa, reprográmase para os días 1 e dous de agosto por cuestións loxísticas.

A cita muda tamén a o seu escenario, pasando a celebrarse no Parque A Xunqueira, onde se ubicarán dúas pista de xogo oficiais.

A Federación pide desculpas polas molestias causadas aos equipos que xa formalizaran a súa inscrición e agradece á Deputación de Pontevedra a súa comprensión e colaboración de cara a esta modificación. Ao mesmo tempo, anima a todos os equipos a seguir inscribíndose e a formar parte deste circuíto co seu novo calendario.

Inscrición

Desde este venres, 10 de xullo, permanece activo o novo prazo de inscrición para a cita de Vilagarcía de Arousa, que se suma aos xa activos para as convocatorias do circuíto en Vigo (Porto de Vigo, 18 e 19 de xullo) e A Estrada (Praza do Concello, 29 e 30 de agosto).

A participación no circuíto é aberta a xogadores e xogadoras federados e non federados, en categorías dende Minibasket ata Júnior.

En cada sede, a competición organizarase en dúas xornadas: o primeiro día disputaranse as categorías Minibasket e Infantil, ambas mixtas, mentres que o segundo día será a quenda de Cadete e Júnior, con diferenciación entre competición feminina e masculina/mixta segundo o número de equipos inscritos.

Os equipos, formados por un mínimo de tres e un máximo de catro xogadores/as, deberán designar un responsable maior de idade que actúe como interlocutor coa organización. O número de prazas é limitado por categoría e sede, asignadas por orde de chegada das solicitudes.

A Normativa do Circuíto, así como os formularios de inscrición para cada sede están aquí dispoñibles:

Vigo – 18 de Xullo / Categorías Minibasket e Infantil – Inscrición Pechada.

Vigo – 19 de Xullo / Categorías Cadete e Júnior – Inscrición Pechada.

A Estrada – 29 de agosto/ Categorías Minibasket e Infantil 

A Estrada – 30 de agosto/ Categorías Cadete e Júnior 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias