A Escola Galega de Adestradores (EGA) activa unha nova convocatoria do Curso de Nivel Iniciación nas delegacións de Ferrol, Ourense e Arousa, en formato mixto: sesións online e fase presencial.
Datas e horarios
- Sesións online: 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de setembro, de 20:00 h a 22:00 h.
- Fase presencial: 5 e 6 de setembro, de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h. En sede aínda por determinar en cada unha das tres delegacións.
Inscrición
A EGA ofrece dúas modalidades para formalizar a inscrición:
Inscrición individual: a través da TENDA FORMATIVA ONLINE.
Inscrición a través do club: aqueles adestradores cuxa inscrición e abono da mesma se realice a través do seu club, deberán enviar a adestradores@fegaba.com o xustificante de pago e a reseña dos seus correspondentes datos persoais (Nome completo, DNI, data de nacemento, email de contacto do alumno e club de orixe).
Que inclúe o curso
O prazo de inscrición permanece aberto ata o 27 de agosto. A cota é de 200 €, e inclúe a matrícula das convocatorias ordinarias, a docencia, a atención titorial, a certificación de diplomas, a documentación do curso e o material didáctico.
Toda a información sobre a estrutura didáctica está dispoñible na Guía Didáctica Nivel Iniciacion 2026 – 2027










