A Normativa oficial da Federación Galega de Baloncesto 2026 – 2027, aprobada pola Asemblea Xeral o pasado 1 de xuño, xa está dispoñible para consulta e descarga.
As actualizacións do Regulamento Xeral FGB, os Estatutos e as Bases que rexerán as competicións desta nova tempada están xa publicadas no apartado NORMATIVA.
Cambios de equipo: novidade para esta tempada
Ata o de agora, antes da data límite marcada nas Bases, un xogador/a só podía cambiar de equipo se ese cambio implicaba pasar a outra competición. Na tempada 2026-2027 isto cambia: calquera xogador/a poderá cambiar de equipo dentro dese mesmo prazo, aínda que sexa dentro da mesma competición.
Requisito imprescindible: para formalizar calquera cambio segue sendo necesaria a carta de desvinculación do club de procedencia.
Isto recóllese no artigo 42 do Regulamento Xeral FEGABA 2026-2027.










