A Federación Galega de Baloncesto informa a todos os clubs, asociacións e persoas vinculadas á nosa entidade de que se está producindo unha suplantación da nosa identidade institucional a través do correo electrónico ou aplicacións de mensaxería.
En concreto, están a enviarse mensaxes en nome de FEGABA nos que se solicita aos destinatarios que respondan a unha serie de preguntas e/o faciliten determinados datos privados ou institucionais.
Queremos comunicar de forma expresa que devanditos envíos son completamente falsos, non proceden desta federación nin de ningunha persoa autorizada a actuar no seu nome. FEGABA non remitiu ningunha comunicación desta natureza.
Ante esta situación, rogamos a todas as persoas que recibisen algunha mensaxe destas características que:
• Non respondan o correo nin faciliten ningún tipo de dato.
• Non fagan clic en ningunha ligazón que puidese conter.
• Conserven a mensaxe como evidencia, sen borralo.
• Comuníquennolo a través das nosas canles oficiais.
• Non fagan clic en ningunha ligazón que puidese conter.
• Conserven a mensaxe como evidencia, sen borralo.
• Comuníquennolo a través das nosas canles oficiais.
FEGABA adoptará as medidas legais e técnicas necesarias para denunciar esta situación ante as autoridades competentes e poñer fin á mesma o máis axiña posible.
Lamentamos os inconvenientes que esta situación poida ocasionar e agradecemos a colaboración de todos na súa detección e comunicación.










