Dobre convocatoria de INICIACIÓN para adestradores en A Coruña e Lugo

A Escola Galega de Adestradores (EGA) lanza unha dobre convocatoria de Cursos de Nivel Iniciación para pechar a temporada. As formacións impartiranse nas cidades de A Coruña e Lugo durante o mes de xuño en modalidade híbrida, combinando sesións presenciais e clases en liña.

Datas e horarios

Formación Presencial: 13 e 14 de xuño de 2026 (de 10:00 h a 14: 00 h e de 16:00 h a 21:00 h).

Formación ON LINE:

10/06/26, 11/06/26, 12/06/26, 17/06/26, 18/06/26 19/06/26 (de 20:00 h a 22:00 h) 

Inscrición

O prazo permanecerá aberto ata o 5 de xuño e pode realizarse a través de dúas vías:

Inscrición individual: na Tenda online FEGABA. Se o pago non o realiza directamente o alumno ou alumna, deberá incluírse no apartado “Notas do pedido” o nome completo, data de nacemento, DNI, correo electrónico de contacto e club de orixe (se o hai).

Inscrición a través do club: enviar o xustificante de pago e os datos persoais completos (nome, DNI, data de nacemento, correo electrónico e club) a adestradores@fegaba.com.

Toda a información sobre o curso está dispoñible na TENDA FEGABA.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias