A Comisión Delegada FEGABA celebrou o luns, 17 de febreiro; unha nova xuntanza co obxectivo no devir da presente temporada 2024 – 2025.
Na mesma, encabezado polo Presidente, Julio Bernárdez; o equipo directivo FGB fixo balance dos proxectos presentes e futuros en diferentes eidos e trasladou aos integrantes da Comisión propostas relativas a modificacións nas bases de competición FGB, as cales resultaron aprobadas por unanimidade e xa se atopan publicadas de xeito oficial na CIRCULAR Nº 15.
Así mesmo, a dirección FEGABA fixo partícipe á comisión das inquedanzas recollidas nas reunións cos clubs celebradas nas delegación zonais.
A convocatoria contou tamén coa presenza do novo Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Daniel Illán.
Agradecer o compromiso e implicación de todos os membros da Comisión!.












