A Asociación de Baloncesto de Oporto (ABP) asina o seu 98 aniversario coa organización do seu Clínic Internacional, que terá como escenario a localidade de Póvoa de Varzim, contando nesta edición coa colaboración da FEGABA, a través da nosa Escola Galega de Adestradores (EGA).
O vindeiro 30 de novembro (de 09:00 h a 14:00 h), o Clínic reunirá como relatores ao galego Moncho Fernández, con 14 anos de traxectoria e un total de 444 partidos en ACB; o catalán Alex Terés, coordinador da formación do FC Barcelona; e o portugués Pedro Maio, adestrador físico da Póvoa Sports e técnico da Escola Nacional Portuguesa de Baloncesto.
Inscrición
O rexistro para participar deberá realizarse a través da seguinte ligazón
O Importe da inscrición realizarase mediante transferencia bancaria a NIB desde AB Porto: 0007 0435 0001 0310 0000 2












