3×3 FGB

Da man do Concello de Porriño e Porriño Baloncesto Base, o Campionato “Xunta de Galicia” 3×3 U17 celebra a súa edición 2024 – 2025 nesta localidade.

A cita será este domingo 18, no Pavillón Municipal, con 6 equipos femininos e 12 masculinos en xogo. Os 18 clubs protagonistas buscarán o título galego e a clasificación para o Campionato de España, con 2 prazas dispoñibles por categoría.

A súa posta de longo tivo lugar este xoves no propio Concello de O Porriño. O alcalde e o Concelleiro de Deportes, Abel, xunto ao noso Presidente, Julio Bernárdez; a Presidenta do club, Icia Alcade, e máis membros da estrutura do Club, compartiron os detalles do que será unha cita especial, que celebra o seu terceiro ano de vida e que non deixa de crecer.

Amadrinou este Campionato, Ainhoa Gervasini, xogadora integrante da Selección Española Absoluta 3×3.

Por parte do Porriño Baloncesto Basee, compartiron e arrouparon tamén a presentación: Sonia González, directiva; Yannés Vigo, coordinador de canastra grande e Rafael Alonso directivo.

Calendario xa dispoñible AQUÍ. 

u17_i

Campionato Galego 3x3 U17 - Clubs

O Campionato Galego de Clubs 3×3 U17 regreou nesta temporada 2023 – 2024 a Boiro.

Da man de CB Santa Baia, Groinn Santa Baia 3×3 e Concello de Boiro vivimos a segunda edición deste Campionato Autonómico, unha cita en plena expansión.

O 26 de maio, 14 equipos categoría masculina e 4 en categoría feminina buscaron o título de Campións Galegos e a clasificación para o Campionato de España, con 2 prazas dispoñibles por categoría.

O palmarés desta segunda edición corou a Ensino Lugo, en categoría Feminina, e a Fedesa Rosalía en Masculina.

Xunto a eles, e como subcampións completaron o podio, Peleteiro feminino, e Ensino Lugo masculino.

Os catro equipos participarán no Campionato de España 3×3 de Clubs U17 que terá lugar en Huelva entre o 14 e o 16 de xuño.

GALERÍA DE IMAXES DO CAMPIONATO 

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN MASCULINA

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN FEMININA