
O Concello de A Estrada organizará e acollerá, o vindeiro 28 de decembro, a I edición do Torneo de Baloncesto 3×3 de Nadal, competición amigable marcada por un claro obxectivo solidario, destinando a recadación do mesmo ao Banco de Alimentos do propio Concello.
A partir das 10.00 horas, e repartidos en dúas categorías diferentes, infantil (de 10 a 16 anos) e sénior (de 17 anos en adiante), os equipos que desexen inscribirse e participar (proceso a realizar a través de edmaestrada@gmail.com ou deportes@aestrada.es) disputarán unha serie de partidos establecidos en grupos, celebrando en horario de mañá os encontros previos da categoría infantil/minibasket, e en horario de tarde os partidos sénior e a fase final Minibasket/infantil.
Será unha xornada repleta de Baloncesto e que encherá de boas sensacións o Pavillón Coto Ferreiro, contando para isto coa colaboración de EDM Estradense, Federación Galega de Baloncesto e BEGANO.










