Normativa FEGABA 2025 – 2026

A Normativa oficial da Federación Galega de Baloncesto 2025 – 2026, aprobada pola ASEMBLEA XERAL o pasado 16 de xuño; xa está dispoñible de xeito oficial para a súa consulta e descarga.

As actualizacións do Regulamento Xeral FGB, os Estatutos e as propias Bases que rexerán as competicións 2025 – 2026 nesta nova temporada quedan xa aloxadas no apartado NORMATIVA.

Entre as modificacións e actualizacións que se decidiron en Asemblea, deixamos unha guía das máis destacadas:

– Cambio de Marca de balóns a “WILSON”.

– Establécese o Saque rápido en todas as competicións.

-Cambio no regulamento Minibasket e Preminibasket no relativo aos artigos:19.2.1.1. Substituír por: “Substituír ao xogador lesionado. O xogador/a lesionado/a que se recupere poderá xogar cando se recupere en calquera sexto salvo no que se lesione”.

9.2.1.4 Substituír por: Se nos 5 primeiros períodos chega o caso de que un equipo non dispón de xogadores/as suficientes para efectuar a substitución dun xogadora lesionado/a, descualificado/da, eliminado/da por cinco faltas persoais ou dúas antideportivas, de maneira que todos os/as xogadores/as poidan descansar dous períodos completos, o partido continuarase xogando e efectuarase calquera substitución sempre que o xogador/a que entre cumpra a norma de DOUS PERIODOS COMPLETOS DESCANSADOS. De non ter ningún xogador/a que cumpra esta condición, o equipo deberá xogar ese PERÍODO co número de xogadores/as que si o cumpran.

 – Ampliación a 16 equipos na Liga Galega Infantil.

– Autorízanse as vinculacións entre equipos en todas as categorías.

– Inscrición “extra”: nas categorías de 2 división mini, preminibasket e 2º e 3º División infantil establecerase un período de inscrición extra, a partir do peche da inscrición regular; para aqueles equipos que se formen a posteriori dese peche.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram