A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Escola Galega de Adestradores (EGA), activa a primeira convocatoria da formación en NIVEL INICIACIÓN 2024 – 2025.
A Delegación de Arousa será escenario desta primeira cita didáctica da temporada, apostando de novo pola mestura entre formación online e presencial, e establecendo a carga lectiva no mes de setembro.
A programación da Convocatoria distribúese do seguinte xeito:
Formación Presencial: 07 e 08 de setembro (Vilagarcía de Arousa. Pavillón Castelao).
Formación ON LINE: (de Asistencia Obrigatoria).
03/09/24 (20:00 h a 22:00 h).
04/09/24 (20:00 h a 22:00 h).
05/09/24 (20:00 h a 22:00 h).
10/09/24 (20:00 h a 22:00 h).
11/09/24 (20:00 h a 22:00 h).
12/09/24 (20:00 h a 22:00 h).
Inscrición
A inscrición nesta Convocatoria pode realizarse por dúas vías en función de diferente casuística:
- As persoas que se inscriban e abonen o curso de xeito particular e individual deben tramitar o proceso a través da nosa TENDA FEGABA para as accións formativas.
- Aqueles adestradores cuxa inscrición e abono da mesma se realice a través do seu club, deberán enviar a adestradores@fegaba.com o xustificante de pago e a reseña dos seus correspondentes datos persoais (Nome completo, DNI, data de nacemento, email de contacto do alumno e club de orixe).
O Prazo para tramitar a inscrición permanecerá aberto ata o 30 de AGOSTO (ás 12:00 h).
No apartado ADESTRADORES – INICIACIÓN permanece dispoñible tanto a Guía Didáctica 2024 – 2025 do nivel iniciación, así como a información relativa á Formación Complementaria que comprende a este curso.












