
A Federación Española de Baloncesto anunciou este martes, catro de abril; a lista de colexiados de categoría FEB que asistirán aos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas e Clubs que están por celebrarse nos vindeiros meses.
No caso galego, e sumándose aos 9 colexiados adscritos ao CGAB xa designados por este para estas citas; cinco compañeiros máis están chamados a participar nas citas nacionais: Guillermo Ríos (Júnior Masculino), Jaime Álvarez (Júnior Feminino), Manuel Seijo (Infantil Masculino), Martín Trasancos (Infantil Feminino) e Laura Piñeiro (Infantil Feminino).
Esta recente designación da FEB sitúa a Galicia con recórd de representación arbitral, 14 colexiados en total; nos Campionatos de España, repartindo o destino de cada un dos nosos árbitros do seguinte xeito:
Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket
(San Fernando, 8 ao 12/04/17)
Adrián Álvarez (Vigo)
Daniel Rivas (Arousa)
Campionato de España Júnior Masculino
(Bilbao, 30/04/17 a 6/05/17)
Elio Clavería (Ourense)
Guillermo Ríos (FEB)
Campionato de España Júnior Feminino
(Burela, San Ciprián e Viveiro, 07-13/05/17)
Iván Escariz (Arousa)
Selene Pérez (Ferrol)
Jaime Álvarez (FEB)
Campionato de España Infantil Masculino
(Cambados e Vilanova de Arousa, 11-17/06/17)
Andrés Esteban (Lugo)
Víctor Mera (Vigo)
Manuel Seijo (FEB)
Campionato de España Infantil Feminino
(Marín, 11-17/06/17)
Tania Diéguez (Arousa)
Jonathan Sobrino (A Coruña)
Laura Piñeiro (FEB)
Martín Trasancos (FEB)












