Santiago de Compostela cítase co minibasket na "V Jamboree Nacional de Clubs"

Martes, 26 Xuño 2018 11:06

Un total de 345 deportistas de 22 equipos participarán desde mañá na V Jamboree de Minibasket que organizan a Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Santiago. A competición vaise desenvolver no pavillón do Restollal, con 10 equipos masculinos e 12 femininos.

Santiago de Compostela cítase co minibasket na "V Jamboree Nacional de Clubs" (Foto: Concello de Santiago)

A concelleira de Deporte, Noa Morales, e a secretaria xeral da Federación Galega de Baloncesto, Susana Fiuza, presentaron hoxe a V edición da Jamboree de Minibasket, que se vai desenvolver desde mañá ata o sábado 30 de xuño. Desta vez, no pavillón do Restollal daranse cita 22 clubs de Galicia, Melilla, Castela León e Navarra. A nosa comunidade estará representada por 14 equipos, tres deles santiagueses: o Pío XII na categoría feminina e o Pío XII-Rosalía e o Peleteiro na categoría masculina.

Noa Morales reiterou o apoio do Concello de Santiago "a este tipo de competicións nas que se fomenta o deporte de base, tanto na categoría masculina como na feminina". Tamén mostrou a satisfacción pola participación de tres clubs da cidade, aos que quixo desexar a máxima fortuna na competición, e salientou que desta vez "imos ter máis equipos femininos que masculinos, o que non adoita ser o habitual e por iso é unha moi boa noticia".

Nesta V Jamboree de Minibasket, que se presenta como un Campionato de España oficioso na categoría de Minibasket, disputaranse un total de 58 partidos, repartidos en tres pistas de xogo e catro xornadas. Na categoría masculina fórmanse dous grupos de cinco equipos cada un, que xogarán unha liga a unha volta desde mañá, para disputar a final o próximo sábado. Na categoría feminina haberá tres grupos de catro equipos, que tamén disputarán unha liga a unha volta para xogar o sábado a final e o partido polo terceiro e cuarto posto.

Os 22 equipos participantes son:

En categoría masculina: CD Enrique Soler (Melilla), CB Seis do Nadal (Vigo), Muebles Victoria Barco (Barco de Valdeorras), Montrove (A Coruña), Estudiantes Leyma Natura (Lugo), Bosco Salesianos (Ourense), Marín Peixegalego (Marín), Aranguren Mutilbasket (Navarra), Peleteiro (Santiago de Compostela) e Pio XII Rosalía (Santiago de Compostela).

En feminina: Celta Zorka Celeste (Vigo), CD Buen Consejo (Melilla), Carmelitas (Ourense), Muebles Victoria Barco (Barco de Valdeorras), Colexio Mariano (Vigo), CB Seis do Nadal (Vigo), Estudiantes Lugo Leyma Natura (Lugo), Baloncesto Femenino León (León), Salesianos (Vigo), CB Porto do Son, Bosco Salesianos (Ourense) e Pio XII (Santiago de Compostela).

Todo o decorrer da competición, así como as mellores imaxes, poderán consultarse durante toda a semana de competición na nosa web e redes sociais: TwitterFacebook.

Formación

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.