Santiago acolle a “II Jamboree Nacional de Clubs de Minibasket”

Martes, 23 Xuño 2015 15:05

O Pavillón do Restollal, en Compostela, acolle desde este mércores, 24 de xuño, e ata o 27; a II Jamboree Nacional de Clubs de Minibasket. A concelleira de Deporte, Noa Morales; e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, ofreceron en rolda de prensa os detalles da competición, que reúne a 24 equipos (12 masculinos e 12 femininos).

Francisco Martín e Noa Morales durante a rolda de prensa Francisco Martín e Noa Morales durante a rolda de prensa (Foto: Concello de Santiago)

O Concello de Santiago e a Federación Galega de Baloncesto organizan esta II Jamboree Nacional de Clubs de Minibasket, cuxo obxectivo é a promoción do baloncesto de base. É a segunda edición deste evento, que reúne os campións e os mellores equipos da categoría minibasket de diferentes federacións autonómicas.

Entendido coma un campionato nacional de carácter oficioso nesta categoría, o calendario ofrece catro días de competición, en quendas de mañá e de tarde durante as tres primeiras xornadas, e tan só de mañá o sábado 27, cando se celebrarán as diferentes finais.

A cidade sede estará representada por ADM Peleteiro, Rosalía Fedesa e Pío XII Fedesa. Xunto a eles estarán nove clubs galegos máis e outros procedentes de Asturias, Navarra, Castela e León, Cantabria e Melilla.

“II Jamboree Nacional de Clubs de Minibasket”: calendario

Formación

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto