“II Jamboree Nacional de Clubs”: renovando a aposta polo Minibasket

Luns, 08 Xuño 2015 16:15

O Concello de Santiago e a Federación Galega de Baloncesto, coa colaboración da FEB; confirman a súa aposta pola "II Jamboree Nacional de Clubs de Minibasket", competición que reúne a equipos mini chegados de diferentes puntos de España.

Contando co santiagués Pavillón do Restollal como sede, este torneo, que se celebra por segundo ano consecutivo na capital de Galicia; será o perfecto peche da temporada 14-15. As súas datas: do 24 ao 27 de xuño.

Esta segunda edición da Jamboree renova o seu esquema competitivo respecto do pasado ano 2014, no que resultaron campións C.B. Arxil en feminino e Bahía San Agustín, en masculino. Na presente edición os equipos comparecerán divididos por categorías en tres grupos de xogo diferentes que disputarán, en cada caso, unha liga a unha volta. Os cruces chegarán na penúltima xornada para comezar a definir a clasificación final.

Equipos Participantes
Nesta renovada Jamboree Nacional de Clubs Minibasket tomarán parte un total de 24 equipos que viaxarán a Compostela dispostos a engrosar o su palmarés con este título tan especial para o baloncesto base.

En categoría masculina comparecerán: ADM Peleteiro (Galicia), La Salle Melilla (Melilla), Oviedo CB (Asturias), Seis do Nadal (Galicia), C.B. Navia (Asturias), A.D. Bosco Ourense (Galicia), Colexio Loyola (Asturias), Rosalía FEDESA (Galicia), Mutilbasket (Navarra), Estudiantes de Lugo (Lugo), Colexio San Fernando (Asturias) e Novobasket (Galicia).

No apartado feminino: C.B. Navia (Asturias), ADM Peleteiro (Galicia), Mutilbasket (Navarra), Universitario Ferrol (Galicia), San Cernín (Navarra), C.B. Arxil (Galicia), BF León (Castilla León), Pio XII FEDESA (Galicia), Colexio Esclavas (Cantabria), Seis do Nadal (Galicia), La Salle Melilla (Melilla) e R.C. Celta (Galicia).

Formación

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto