Deporte Galego

XVI CLINIC LUGO É BASKET - HIERROS FERREIRO

A APSX Sagrado Corazón de Lugo organiza, un ano máis, o seu Clínic de Baloncesto "Lugo é Basket - Hierros Ferreiro". A cita, con sede na cidade de Lugo, terá lugar o vindeiro sábado, 7 de setembro.

protagonista nesta edición do Clínic, a décimo sexta de xeito consecutivo; será Salvador Maldonado, adestrador máis que recoñecido no panorama nacional, con ampla experiencia na Liga ACB (Joventut, Estudiantes, Gran Canaria,...).

A actividade, que será similar a do ano anterior, estará orientada á base do baloncesto, pero co obxectivo de achegarse tamén aos adestradores profesionais a través dun completo programa que comtempla 4 charlas de 90 minutos e unha mesa redonda dunha hora. Serán en total 7 horas adicadas as charlas e debate. Haberá tamén unha comida conxunta cos adestradores de 14 a 16 horas.

 

O programa será o seguinte:

XVI Clínic “Lugo é Basket – Hierros Ferreiro (07/09/19)

10:00 h - Presentación e entrega de material.

10:15 h - Construcción da defensa en categorías inferiores - Isaac Pujol.

11:35 h - Paso 0. Novos recursos en paradas e finalizacións. David Barrio

12:55 h - Xogo rápido - Salva Maldonado.

16:30 h - Enriquecer tareas. Ideas aplicadas en siglo XXI. Isaac Pujol

18:00 h - Obxectivo...Rebote!. Salva Maldonado

A asistencia á totalidade do clínic poderá validarse por Dez horas de formación complementaria para os alumnos dos Cursos de Iniciación de Adestradores da Federación Galega de Baloncesto.

Inscrición
Todos os interesados en facer efectiva a súa inscrición, así como en obter información extra poderán facelo vía Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Valora este artículo
(0 votos)
Más en esta categoría: « Clinic Memorial Quino Salvo
volver arriba

Canal Youtube

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka