Imprimir esta página

Curso online de iniciación ao arbitraxe

Curso online de iniciación ao arbitraxe

O Comité Galego de Árbitros, achega novamente a formación en arbitraxe a través dun só click coa posta en marcha dunha nova edición do seu Curso ON LINE.

Sendo o único requisito de dispoñer de ordenador e conexión a Internet, calquera persoa coa intención de converterse en árbitro ou oficial de mesa atopará nesta nova convocatoria "on line" todas as facilidades ao seu alcance. Xestionando a conexión a través dun enderezo electrónico, cursaranse un total de 14 horas, distribuídas en dúas semanas, do 1 ao 4 e do 7 ao 11 de setembro, rendabilizando todas as posibilidades que Internet ofrece e recibindo, por suposto, a titorización axeitada. 


Flexibilidade horaria

A flexibilidade horaria é a premisa principal da que os futuros árbitros e oficiais poderán botar man para optimizar o seu tempo, en función das súas necesidades.

Programación


A condición especial do Curso non fai variar a programación de aulas, nas que se trasladarán as mesmas nocións que recibe calquera alumno dos cursos tradicionais. Regras de xogo, Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo e iniciación á mecánica arbitral, entre outras, serán as materias sobre as que afondar.



Inscrición

Para ser parte desta nova experiencia "on line" do CGAB os interesados dispoñen de dúas vías de inscrición, rematando esta o vindeiro 31 de agosto, sendo sempre 20 o número mínimo e indispensable de alumnos cos que se dará inicio a cada curso.

Así, desde este mesmo intre, permanecen activos para tal fin: o enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou, persoalmente, no departamento arbitral das Delegacións zonais FGB. En ambos casos, os inscritos deberán achegar o xustificante de pago da cota actual dos cursos de iniciación do CGAB: 20 euros, a ingresar de xeito previo ao curso na conta ES27 2100 1455 11 0200136257 (la Caixa).

 

Modificado por última vez en Venres, 21 Agosto 2015 10:21
Valora este artículo
(0 votos)