A Federación Galega de Baloncesto celebra esta tarde de martes, dous de decembro; a Asemblea Extraordinaria mediante a cal se procederá á elección do Presidente e dos Membros da Comisión Delegada.
Para a primeira votación, a do ámbito presidencial; constan como candidatos D. ARMANDO ÁLVAREZ PENA e D. FRANCISCO MARTÍN MICÓ, proclamados oficialmente nesta categoría o pasado 21 de novembro.
Esta decisiva Asemblea Extraordinaria está marcada para as 16:45 h en 1º convocatoria, e ás 17:15 h en segunda. A súa sede será o Edificio CERSIA (Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n. Santiago de Compostela), sito preto da sede central da FGB en Santiago.
O proceso que se levará a cabo ao longo desta importante cita oficial detállase para o coñecemento de todos na derradeira Acta da Xunta Electoral, a cal remitimos xunto a esta información.