Benvido/ao espazo de "
Baloncesto Galego".
Este apartado quere converterse nun importante centro de recursos sobre a
historia do baloncesto en Galicia. A Federación Galega de Baloncesto desexa crear con isto unha caste de museo en liña, aberto a todas as persoas interesadas en coñecer, afondar ou revivir o noso pasado deportivo. Aquí terás a oportunidade de acceder a ficheiros, documentos, imaxes, material audiovisual... Pretende ser un corpus crecente de información e recursos que a FGB quere poñer á túa disposición para que o Basket Galego alcance os niveis de divulgación que merece.
A FGB traballa para que a comunidade de Baloncesto Galego sexa máis ampla cada día, mais tamén para que cada membro desta comunidade se implique como
parte activa no desenvolvemento do noso baloncesto. Nesta tarefa, a súa
divulgación histórica adquire un extraordinario valor: canto máis coñecemos o noso deporte, máis nos identificamos con el.
Por todo isto,
a Federación desexa contar coa túa participación no desenvolvemento deste potencial centro de recursos. Se posúes material de interese sobre a historia do baloncesto galego e desexas compartilo, a FGB e toda a túa comunidade deportiva o agradecerán. Documentos, cartaces, fotos, arquivos sonoros, vídeos, recortes de prensa... Mesmo textos elaborados por ti. Calquera achega é válida, tanto en soporte material como dixital.
Para enviares o teu material ou realizares calquera consulta, só tes que contactar connosco a través dos teléfonos e datos de contacto da Federación ou das súas delegacións.
Anímate. Participa!