RSS
Que é o RSS?
O RSS é un formato especial para os datos en internet que permite acceder a eles sen necesidade de entrar na súa web de orixe.
Para isto necesitamos un tipo de programa chamado "lector". A través desta aplicación podemos subscribirnos por exemplo á semente RSS da Federación Galega de Baloncesto. Os "lectores" funcionan de xeito moi similar aos programas de correo electrónico, de xeito que periodicamente ou cando nós o decidamos, podemos descargar a última información elaborada por todas e cada unha das webs subscritas.
A web da Federación Galega de Baloncesto dispón contidos como a axenda, eventos, novas e convocatorias que poden ser consultados por un lector de RSS.