Comité Galego de Árbitros
O Comité Galego de Árbitros é o órgano técnico subordinado á Federación Galega de Baloncesto que se ocupa da captación, ensino e organización dos árbitros, oficiais de mesa e técnicos arbitrais no ámbito do baloncesto galego.
Tal como establecen os Estatutos da Federación Galega de Baloncesto, o Comité Galego de Árbitros ten as funcións seguintes:
· Fixar os niveis de formación dos árbitros galegos.
· Clasificar tecnicamente os árbitros oficiais de mesa e asignalos ás categorías correspondentes.
· Propor os candidatos a árbitros de categorías FEB.
· Propor as normas administrativas que regulan a arbitraxe.
· Designar os colexiados nas competicións oficiais de ámbito galego.
Se estás pensando en te faceres árbitro, oficial de mesa ou técnico arbitral, só precisas cumprir os seguintes requisitos: seres maior de 14 anos, teres a nacionalidade española, posuíres un título oficial recoñecido pola FGB e non formares parte activa de ningún equipo como xogador, adestrador ou calquera outra condición.