A Fundación Aíto García Reneses celebrará por primeira vez en Galicia dous dos seus campus. As citas desenvolveranse na cidade de Ourense (Pavillón Universitario) do 26 ao 30 de xuño.

Compostela viviu desde o xoves, 22 de xuño, e a ata este domingo, a celebración da IV edición consecutiva da Jamboree Minibasket Nacional de Clubs, competición organizada por Federación Galega de Baloncesto e Concello de Santiago.

A continuación detallamos as ligazóns oficiais dos Campionatos de España de clubs Infantís, citas que hoxe rematan coas finais, por todo o alto, en Cambados e Vilanova de Arousa (masculino) e Marín (feminino).

O Rio Natura Monbus Obradoiro presentou oficialmente a quinta edición dunha cita xa máis que consolidada: o Clínic “Desmontando ao adestrador axudante”. A presentación tivo lugar no Hotel NH Collection, membro do Club de Empresas Obradoiro, e anunciáronse os seis ponentes de luxo cos que se contarán nesta edición.

Derradeira xuntanza da temporada 2016 - 2017 para o Programa de Tecnificación Autonómico FGB. Coa xeración 2002 como protagonista desta cita, e de novo viaxando á localidade da Estrada, o departamento deportivo da FGB despide este domingo, 18 de xuño; o presente ciclo de traballo 16 - 17 reunindo a 20 xogadoras e 19 xogadores baixo convocatoria previa.

A continuación detallamos as ligazóns oficiais dos Campionatos de España de clubs Infantís, que se están a celebr en Cambados e Vilanova de Arousa (masculino) e Marín (feminino) desde este domingo, 11 de xuño ae ata o vindeiro sábado, 17.

A Fundación Aíto García Reneses e Improve Basketball, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, organiza o “Campus de Formación para Adestradores Galicia 2017 - Fundación AGR”.

A Federación Galega de Baloncesto celebrou na tarde do sábado, 10 de xuño; a súa Asemblea Xeral correspondente ao ciclo competitivo 2016 - 2017.

O adestrador campión de Liga Feminina, o Perfumerías Avenida Salamanca, o ex base e axente FIBA, e o adestrador axudante do Cafés Candelas, falarán de baloncesto no Pazo dos Deportes de Lugo

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.