Santiago de Compostela e Lugo serán as sedes para as penúltimas Fases Finais de categorías base que restan por disputar nesta 2016 – 2017. As Ligas FGB Pizza Móvil Infantís celebrarán este sábado, 20 de maio; ambas as citas, recalando en Compostela a feminina e na cidade da Muralla a masculina.

Estrea para a competición Sub 22 16 - 17. A categoría masculina é a encargada de iniciar a temporada para esta Liga, que contará co Instituto Rosalía como anfitrión para a súa 1º xornada, a desputar este sábado, 13 de maio.

O 17 de maio Carballo será, por quinto ano consecutivo, capital galega do baloncesto para os máis cativos. 650 xogadores de entre 5 e 8 anos e 55 equipos de toda a comunidade citaranse na zona do Pavillón Carballo Calero para gozar do "V Pequebasket", unha data subliñada no calendario de clubs de Viveiro, Ourense, Lugo, As Pontes, A Coruña, Santiago, Ferrol, Porto do Son, Sarria, Teo, Vigo, Culleredo, Ponteceso, Cee, A Laracha e, claro está, a nosa localidade. A organización corre a cargo, coma sempre, da Escola Basket Xiria, que conta coa colaboración do Concello, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto.

A Federación Galega de Baloncesto convoca, de xeito oficial, a súa Asemblea Xeral Ordinaria 2016 – 2017, cita marcada para o vindeiro 10 de xuño, con sede en Compostela.

As localidades de Burela, San Ciprián e Viveiro están a acoller desde a edición 2017 do Campionato de España de Clubs Júnior Feminino, cita que xa se atopa na rolda de oitavos de final con presenza galega por parte de Real Club Celta Zorka (Campión Autonómico) e Durán Maquinaria Ensino (2º Galicia).

C.D. San Ciprián e Asociación Cultural Deportiva Xove teñen este sábado, 6 de maio; unha cita co Pequebasket.

Ambas as institucións asinaron esta mañá en Compostela a renovación do acordo de colaboración polo que o baloncesto federado continúa a formar parte da filosofía e a labor que realiza Special Olympics Galicia.

Leyma Básquet Coruña fíxose este domingo co subcampionato galego de 1º División Masculina e, con el, a recompensa en forma de praza de ascenso a Liga EBA. O equipo herculino acolleu e dominou este domingo, 7 de maio; a Fase Final A4 de 1º División Masculina, na que competiron tamén CENOR - Obradoiro CAB, CALVO Basket Xiria e PBB Construcciones Castro.

EDO Blanco Amor acolleu o sábado, 6 de maio, a Fase Fase Final A4 FGB Cadete Masculina. Na mesma, reuníronse os equipos clasificados da 2º á 5º praza na Liga Regular para facerse co subcampionato galego e a clasificación para o Campionato de España que éste conleva. GABADI Basket Ferrol conqueriu este premio, vencendo na final ao equipo anfitrión. 

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.