Deporte Galego

CAD Manuel Peleteiro - FGB: tripla formativa de luxo para as actividades complementarias

  • 02 Decembro 2019 |

O CAD Manuel Peleteiro FGB cumpre o seu primeiro trimestre da temporada sumando á súa programación didáctica xeral novas actividades formativas de calidade

Na xornada deste venres, 6 de decembro; os 60 alumnos que configuran o Ciclo Inicial e Ciclo Final nesta temporada 2019 – 2020, tomarán parte de tres eventos específicos e especiais, organizados para complementar á súa formación presencial, e lideradas por tres profesionais do Baloncesto Galego dende diferentes perspectivas.

Galería de Imaxes - CAD Manuel Peleteiro FGB 2019 - 2020

Así, e repartindo o programa segundo o ciclo cursado, a oferta formativa para este vernes contempla tres fitos:
CICLO FINAL (de 11.00 h a 14.00 h)
“Valoración da condición física. Análise e corrección de xestos técnicos no xogador”.
Obradoiro a cargo de Sergio Rey, Licenciado en INEF, adestrador superior de Baloncesto e readaptador.

CICLO INICIAL (de 10.00 h a 14.00 h)
“Xerar unha idea de xogo desde os elementos técnicos”.
Seminario a cargo de Carlos Maceiras, Director Técnico CB Sarria.

CICLO INICIAL (de 16.00 h a 20.00 h)
“Pautas do Traballo Físico en Formación”
Obradoiro a cargo de Rubén Vieira, preparador físico de Monbus Obradoiro.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka