Deporte Galego

Atractivo e optimista inicio para a competición "3x3" premini en Ourense

  • 01 Febreiro 2012 |
A pista interior de Carmelitas, sede desta primeira xornada, preparada ao detalle
A pista interior de Carmelitas, sede desta primeira xornada, preparada ao detalle

Con auténtico entusiasmo. Así latiu o iniciou da competición "3x3" premini na Delegación en Ourense. Pioneira en Galicia a nivel oficial FGB coa "formula 3x3", a zonal de Ourense reuniu este domingo en Carmelitas a un total de quince equipos premini da cidade que tiveron a honra de arrincar esta peculiar liga.

Os xogadores, pertencentes a Carmelitas, Escola Deportiva Ourense, Pabellón Ourense e C.D. Maceda, tomaron parte de 27 encontros intensos, didácticos e rápidos, quedando con ganas de que chegue canto antes a segunda xornada, prevista para o 18 de febreiro.

Xogadores e adestradores, protagonistas directos, non foron os únicos en agradecer este novidoso xeito de competir e dar cabida a un novo proxecto para formar ás categorías de base. Familiares, afeccionados e mesmo os medios de comunicación de referencia da cidade e provincia deron unha cálida benvida á "formula "3x3". Como exemplo, o positivo reflexo, de agradecer dende aquí, que o xornal "La Región" recolleu tras esta primeira xornada.

0256892001328091698-colexiados-e-tecnicos-arbitrais-peza-indispensable-para-este-3x3 0140835001328091644-a-expectacion-e-o-apoio-da-grada-deu-colorido-a-cada-partido

Un proxecto de todos
Todos os activos do Baloncesto en Ourense quixeron ser partícipes desta estrea. Árbitros e formadores técnicos incluídos. Unha nutrida representación deste colectivo, en maior medida de colexiados que están no seu nivel iniciación, tutelados por un total de oito formadores técnicos, compartiron tamén a experiencia na pista interior de Carmelitas, transformándoa nun chanzo máis da súa formación.

Polo apartado de árbitros participaron: Eduardo Ramos, Raquel Castro, Nicolás Pérez, Paula González, Roque Bouzo, María Ramos, Víctor Prol, José Souto, Laura Vázquez, Ainhoa Gómez, Laura Varela e Milagros Somoza. Como Técnicos: Juan Carlos Sánchez, Juan José Freán, José Luis Camiña, Luis Balboa, Carlos Fernández, Jorge Vega, Manuel Delgado e Elio Clavería.

A todos eles agradecer a súa colaboración para co proxecto "3x3", do que estamos seguros que non fixo máis que plantar a súa semente.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence