Deporte Galego

A vila de Tomiño, aliada constante da FGB para o Programa de Tecnificación

  • 03 Febreiro 2012 |

O binomio Tomiño - FGB reaparece con forza. A convocatoria dun novo Centro de Tecnificación é a responsable. Tras celebrar nesta vila pontevedresa dúas citas deste tipo nos pasados meses de decembro e xaneiro, este domingo, 5 de febreiro,o programa de promoción da FGB volve a ser o centro de atención no Pavillón de Carballa.

Unha vez máis a nosa Delegación en Vigo abre ás categorías benxamín, alevín e infantil a posibilidade de participar nesta actividade, onde a promoción do baloncesto e a aprendizaxe dos seus fundamentos vincúlanse con forza.

Para este propósito habilita entre as 10.30h e as 13.00 h unha completa sesión de exercicios, convocando e convidando a todos os rapaces de Tomiño e arredores que xa saben o que é un CETI, así como por suposto a aqueles que aínda non tiveron ocasión de coñecer o que supón. Para todos, a benvida e a o apoio técnico, grazas á colaboración de adestradores da zona, están asegurados.

Equipo de traballo
A resposta dos técnicos vigueses está a ser de excepción, contando para cada CETI coas súas ideas e activa presenza. E precisamente este domingo, sumándose á lista de nomes que xa teñen colaborado con José Luis Pérez, máximo responsable deportivo da Delegación, estarán: Reyes Antón (Compañía de María ), Carlos Rodríguez e Sergio Costela (Seis Do Nadal), Miguel Brasa (Defensores do Morrazo ) e Constante Soliño (Salesianos ). Un completo equipo, ben formado, disposto a dar o mellor de si para que os rapaces de Tomiño volvan a disfrutar das vantaxes do Programa de Tecnificación FGB.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence