Deporte Galego

O Preminibasket retoma con forza a "fórmula 3x3"

  • 17 Febreiro 2012 |
A Delegación confía en repetir o éxito colleitado na primeira xornada "3x3"
A Delegación confía en repetir o éxito colleitado na primeira xornada "3x3"

Ourense celebra a súa segunda cita coa "fórmula 3x3. Coa ilusión no peto tras os bos resultados rexistrados xa na primeira (o pasado 29 de xaneiro), a zonal FGB en Ourense renova esforzos e organiza este sábado, 18 de febreiro, a segunda xornada do seu campionato oficial "3x3" Preminibasket.

Desta volta un total de 28 encontros centrarán a atención dos clubs implicados: C.D. Maceda, Escola Deportiva Ourense, Carmelitas, Pabellón Ourense e Padre Feijoo. Os seus equipos repetirán presenza en Carmelitas, a partir das 10.30 h, para afrontar un completo calendario de encontros. Partidos que chegan con novidade.

Aposta polos 10 minutos
Máis tempo de xogo. Esa é a aposta en firme da Delegación para a cita deste sábado en Carmelitas. Apelando ás conclusións recollidas na primeira data de competición, os encontros da segunda sumarán dous minutos máis. Ofrecerase aos xogadores a posibilidade de participar en maior medida e permanecer máis tempo en pista, rendabilizando as posibilidades que outorga o competir 3x3.

Esta medida, tomada tras comprobar as auténticas ganas de xogar de todos os participantes, resulta grata para os adestradores que volverán á pista este sábado. Mostra disto a atopamos en palabras do Director Deportivo do C.D. Maceda, Antonio Cerdeiro. Consultado sobre o tema considera este cambio "acertado" pensando tanto nos rapaces como nos propios adestradores. Estes últimos poderán "repartir máis e permitir que xoguen máis minutos todos os integrantes do equipo".

"Incentivar e mellorar"
Con Antonio Cerdeiro quixemos valorar tamén o potencial do "3x3" como ferramenta formativa. Chegado fai ben pouco ao baloncesto, o C.D. Maceda non escapa as vantaxes de competir baixo esta dinámica e advirte que os seus preminis están a "mellorar moito".

Novos nestas lides baloncestísticas, atopan nesta a mellor formula para "motivalos". O seu obxectivo, da man do "3x3": "incentivalos de cara ás vindeiras temporadas, que vaian cumprindo anos e que continuen desfrutando do baloncesto". Os seus xogadores enfróntanse a un formato que promove un "xogo máis dinámico, moi rápido" e, sen dúbida, "divertido". Co 3x3, indícanos, "atópanse máis cerca da canastra e sempre teñen a posibilidade de intervir".

Comprobado está que razóns non faltan para que a Delegación se entregue unha xornada máis con este o seu proxecto estrela. Por iso, este sábado, todos de novo a desfrutar co "3x3" na cancha.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence