Deporte Galego

A aposta polo "3x3" toma forma

  • 21 Febreiro 2012 |
O "3x3" aliado do Preminibasket en Ourense
O "3x3" aliado do Preminibasket en Ourense

O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, realiza, ao fío da posta en marcha fai ben pouco da competición oficial "3x3" premini en Ourense e da celebración este sábado 18 da súa segunda xornada, unha serie de propostas, compartidas para convidar á reflexión e, porque non, á acción:

Entre as máis recentes actividades que dende esta FGB se puxeron en marcha, estamos principalmente ledos co inicio da Competición Premini "3x3" en Ourense. Co selo "oficial" FGB, e baixo unha estrutura que conta coa implicación total dos clubs, naceu unha nova plataforma formativa para as categorías base da que extraer as primeiras conclusións.

A positiva resposta dos implicados no caso de Ourense fainos afondar na convicción e na necesidade de tentar estender esta "fórmula" ao resto de Galicia. Cuestión, esta última para a que é preciso o apoio e o esforzo de todos, Delegación Zonais FGB á cabeza.

Dende Galicia debemos tomar o billete do tren no que xa viaxan da man FIBA e FEB sabedores do enorme potencial do formato "3x3", baseado, fundamentalmente, no dinamismo formativo e diversión.

Atraer ao noso deporte a máis xogadores e afeccionados dende a base, e consolidar un xeito máis de formar e crecer no baloncesto é a principal razón pola que dende esta Federación Galega chamamos e convidamos a involucrase coa "fórmula 3x3".

E, por suposto, o primeiro paso debe darse dende as Delegacións Zonais, o noso soporte ao longo de toda a Comunidade e os primeiros coñecedores das súas posibilidades como catalizadores e dinamizadores dunha atractiva e, de seguro exitosa, forma de competir. "

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence