Deporte Galego

O Concello de Maceda aposta polo “3X3 MINIBASKET”

  • 24 Xaneiro 2014 |

A Delegación FGB en Ourense estrea neste 2014 o seu renovado plan deportivo no que á competición 3x3 minibasket se refire. 

Coa colaboración do Concello de Maceda, e vendo crecer o proxecto 3x3 para categorías base que iniciara no ano 2012, a zonal FGB promove para a mañá deste domingo, 26 de xaneiro; unha convocatoria competitiva dentro deste ámbito.

Baixo a mesma, Divino Maestro, Carmelitas, Salesianos, ABO, Padre Feijóo e o propio club local, Maceda; serán os protagonistas dun total de 40 encontros de categoría mini a disputar no Pavillón Municipal da pequena vila ourensá. 90 xogadores e xogadoras renovarán así os obxectivos do formato 3x3, tradicional aliado do Basket Base na zona de Ourense.

No calendario que achegamos detállanse o programa concreto de xogo desta “xornada dominical 3x3”, así como as principais instrucións deportivas para o devir dos mesmos.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka