Deporte Galego

Maceda, protagonista este xoves dun novo Centro de Tecnificación

  • 03 Maio 2012 |

A Delegación en Ourense aproveita a xornada festiva local deste xoves para traballar de novo nos seus centros de tecnificación. O escenario escollido para o día de hoxe: a vila de Maceda.

Visitando de novo este Concello, sede fai ben poucos días da competición 3x3 premini desta delegación, esta mesma tarde os responsables deportivos da zonal FGB abrirán as portas do seu traballo a todos aqueles nenos e nenas en idade mini e premini, que desexen achegarse ata o Pavillón Municipal de Maceda.

A Delegación contará para esta ocasión coa colaboración en pista de Miguel Ángel Hoyo, técnico que guiará as sesións cos xogadores máis novos e que, á par, compartirá a súa experiencia cos adestradores e monitores colaboradores que formen parte desta convocatoria.

O horario concreto para os adestramentos que se levarán a cabo é o seguinte:

16.30 h - 17.45 h: preminibasket masculino e feminino.
17.45 h - 19.00 h: minibasket masculino e feminino.

A Delegación e o Concello de Maceda, que se está a envorcar co fomento do Baloncesto, confían en vivir unha gran tarde de deporte da que se agarda que participen, e por suposto disfruten, o maior número posible de rapaces e rapazas da localicade e das vilas limítrofes.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence