Deporte Galego

"I Torneo Baloncesto - Encesta nas Letras: 3x3"

  • 19 Maio 2012 |

A Delegación en Vigo ampliará a súa marxe de traballo nesta fin de semana e, ademais, do Centro de Tecnificación programado para este domingo, 20 de maio; estará presente no "I Torneo 3x3 Encesta nas Letras".

Esta cita, organizada polo Concello de Tomiño, contará coa colaboración da DVB, personificada, neste caso, polo seu director executivo e técnico, José Luis Pérez. O responsable zonal apoiará, coa súa presenza, este proxecto da corporación local.

Nesta mesma tarde de Sábado, a partir das 16.00 h reuniranse no Pavillón de Goián, numerosos equipos de carácter masculino, feminino ou mixto, que gozarán do Baloncesto en "formato 3x3" .

Unha vez máis, os concellos da zona de influenza de Vigo dan mostras do seu compromiso co Baloncesto, activando iniciativas que promoven a práctica do mesmo e que, de seguro, fan as delicias de todos os afeccionados.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka