Deporte Galego

Tamara Abalde e Jordi Aragonés, activos do "I CAMPUS DE TECNIFICACIÓN FGB", coa Preselección Española Sénior Feminina

  • 25 Maio 2012 |

O "I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB" terá entre os seus colaboradores a dúas figuras do noso baloncesto actual que este final de mes coñeceron que formarán parte da Preselección Española Sénior Feminina.

Estamos a falar de Tamara Abalde e Jordi Aragonés, xogadora e adestrador que estarán involucrados no corpo de traballo da Preselección Española Sénior Feminina que terá que afrontar a clasificación para o Europeo 2013. Aragonés asistirá en calidade de Preparador Físico e a ala pívot viguesa como convidada, tal e como se recolle dentro da lista de 17 xogadoras feita pública pola FEB.

Deste xeito, o "I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB" terá a posibilidade de contar coas visitas de ambos os dous. Tanto Tamara como Jordi achegaranse ata Cabral (Vigo), sede do Campus, para compartir cos participantes no mesmo as súas experiencias tras estar inmersos en toda unha Selección Absoluta Nacional. Todo un aliciente para os xogadores máis novos á hora de aprender en torno ao Baloncesto.

Os nomes de Tamara e Jordi súmanse a un destacado cadro de profesionais que xa configuran o principal atractivo do "I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento. A lista completa pode consultarse na seguinte ligazón.

Campus FGB: Información e Inscricións
O "I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB" mantén aberto o seu proceso de inscrición, avanzando este a bo ritmo.

Lembramos que a actividade deste "I Campus" permanecerá distribuída en dúas quendas establecidas do seguinte xeito:

Primeira quenda: 30 de xuño ao 7 de xullo
Nenos e nenas nados nos anos 1997-1998-1999-2000

Segunda quenda 7 ao 14 de xullo
Nenos e nenas nados nos anos 2001-2002-2003-2004

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka