Deporte Galego

Programa de Tecnificación 2013 - 2014: plan de traballo

  • 09 Octubre 2013 |

A Federación Galega de Baloncesto continúa a apostar polo seu Programa de Tecnificación para o Baloncesto Base nesta temporada 2013 - 2014, cuxo inicio está xa marcado para o presente mes de outubro.

Esta parcela de traballo técnico - itinerante cos xogadores e xogadoras máis novos de toda Galicia afronta unha nova etapa na que volve a asentar as súas bases baixo a tutela de diferentes técnicos zonais FGB, adscritos, á súa vez, ao control directo do Responsable Deportivo FGB, Carlos Colinas.

A estrutura de Centros de Tecnificación (CETIS) continúa a estar tamén articulada en dous ámbitos xeográficos diferentes que, en conxunto, reforzarán o traballo. Así, realizaranse numerosas convocatorias de carácter zonal e de carácter autonómico, conxugando as posibilidades de ambas e rendabilizando as mesmas.

Xornada de Harmonización
Igualmente, e tras a súa exitosa primeira edición celebrada a pasada temporada, dende a Área Deportiva FGB estase a traballar para poder organizar unha nova "Xornada de Harmonización", na que analizar o baloncesto base dende as súas numerosas perspectivas e na que facer visible o traballo anual e as conclusións recollidas a través dos CETIS.

Todas estas actividades atópanse reflectidas no PROGRAMA ANUAL DE TECNIFICACIÓN 2013 - 2014, documento froito do labor de planificación dos mandos deportivos FGB e que se achega a continuación para a súa consulta.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka