Deporte Galego

Ourense emprende a marcha do Programa de Tecnificación 2012 - 2013

  • 26 Octubre 2012 |

O Programa de Tecnificación FGB volve a actualidade. O traballo coas categorías base a través do circuíto técnico itinerante da FGB celebra esta fin de semana a súa primeira convocatoria nesta 2012 - 2013, e faino a través da Delegación en Ourense.

Os responsables deportivos da Federación nesta provincia, supervisados polo responsable desta área, Carlos Colinas; activan para este domingo, 28 de outubro; a primeira xornada destas características, configurada de xeito completamente aberto, e na que se anima a participar a todos aqueles xogadores e xogadoras en idade mini e premini.

En función da categoría, os nenos e nenas deberán persoarse nas instalacións do Colexio Salesianos, en Ourense cidade, baixo o seguinte programa horario:

09:30 h -11:00 h: Minibasket Masculino (2001 e 2002)
11:00 h -12:30 h: Preminibasket Mixto (2003 e posteriores)
12:30 h -14:00h: Minibasket Feminino (2001 e 2002)

Unha vez alí pasarán a formar parte da dinámica do Programa de Tecnificación FGB, que nesta temporada cumpre catro anos e que continúa a crecer cos obxectivos de implementar e reforzar o traballo coa base do baloncesto da nosa Comunidade.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka