Deporte Galego

Traballo de Tecnificación en A Estrada co "All Star" 2005

  • 20 Marzo 2018 |

O formato "All Star" viaxa á localidade de A Estrada. A edición 2018 deste evento que agrupa tecnificación e competición, celebrarase este sábado, 24 de marzo; no Pavillón Municipal Coto Ferreiro e coa xeración 2005 como obxectivo.

Esta será a IV edición dunha xornada de traballo nada en 2015 como reforzo do programa de tecnificación FGB, e consolidada actualmente como cita indispensable no planning anual da área técnica, contando este ano coa colaboración do Concello de A Estrada e o club local, EDM Baloncesto A Estrada.

Nesta ocasión, o “All Star” repartirá o seu traballo entre adestramento e competición amigable, rendabilizando a quenda de mañá para exercitarse, e o horario de tarde para a disputa de dous encontros: ás 16:30 h en categoría masculina, e ás 18:30 h en feminina.

Os protagonistas desta data serán un total de 40 xogadores, 20 en cada categoría; citados previamente baixo convocatoria pechada. A súa procedencia, de entre diferentes clubs de toda Galicia; así como a súa referencia; poden consultarse nos documentos que se achegan.

Plataforma Formativa

A celebración deste "All Star" 2005 trae consigo tamén unha nova oportunidade didáctica para todos os adestradores galegos que o desexen. Nesta liña, o discorrer total da actividade, tanto adestramentos como encontros, poderá seguirse de xeito activo por aqueles técnicos que estén interesados en vivila no propio Pavillón, sempre que o soliciten previamente vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) antes da tarde deste venres, 23 de marzo. 

No documento que achegamos xunto as convocatorias dos xogadores, detallamos polo miúdo os pormenores desta posibilidade formativa, na que ademáis existirá a posibilidade de validación formativa (6 HORAS) para os alumnos dos cursos FGB que cumpran os requisitos que se marcan.  

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka