Regresan as "Xornadas de Mellora Técnica FGB"

Luns, 04 Abril 2016 17:28

A Área Deportiva FGB prepara para este verán a segunda edición das “Xornadas de Mellora Técnica", actividade encadrada dentro do seu ciclo de traballo “Horizonte 2018”.

A Federación Galega de Baloncesto pon en marcha as “Xornadas de Mellora Técnica 2016”. Repetindo o formato e sede da primeira edición, celebrada o pasado verán, a Área Deportiva FGB programa para o mes de agosto, en Tui, a segunda convocatoria deste proxecto cuxo obxectivo radica na mellora individual e colectiva dun grupo de xogadores e xogadoras incluídos xa na dinámica de seguimento FGB.

De carácter multidisciplinar, a edición 2016 das Xornadas de Mellora Técnica agrupará, baixo convocatoria pechada, a xogadores e xogadoras das xeracións 2003, 2004, 2005 e 2006. Xunto a eles traballará un Staff técnico de adestradores colaboradores FGB, profesionais experimentados nas diferentes facetas buscadas, tanto no aspecto deportivo como no humano.

Os detalles concretos deste ambicioso proxecto, que de seguro crecerá con forza en 2016, remítense no documento que achegamos. Así mesmo, en vindeiras datas completarase esta información cos listados de participantes definitivos e a relación de integrantes do cadro técnico.

"Xornadas de Mellora Técnica 2016"

Sede: Tui (Polideportivo Municipal)

Datas: do 24 ao 30 de agosto

 

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.