Copa Galicia

A Copa Galicia nace en 1986 coa primeira edición da competición senior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o C.A.B. Obradoiro compostelán e máis o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB.

O primeiro vencedor foi o CB Breogán, que na actualidade é o club máis laureado da Copa Galicia con 14 campeonatos no seu poder. Dende aquel ano, o torneo senior masculino celebrouse ano tras ano, coa única interrupción do ano 2020, por mor do COVID 19.7

En 1987 naceu o torneo feminino, se ben a súa celebración non se estabilizou ata mediados dos anos noventa. No presente, lidera o palmarés feminino o Real Club Celta Baloncesto

Ao longo do tempo, a Copa Galicia foi medrando e abranguendo cada vez máis categorías (EBA e categorías Base) ata se converter no torneo galego non ligueiro de referencia que é hoxe. 

Convértea tamén en algo especial o celebrar, cada temporada, as seas eliminatorias en distintas vilas e cidades galegas. Trátase dunha Copa que xa é un punto de referencia na pretemporada do clubs galegos, e un nexo de unión entre xogadores e seareiros de todos os recantos da nosa xeografía.

 

Palmarés

Velaquí os equipos vencedores da Copa Galicia Sénior ao longo dos seus máis de trinta anos de historia (categorías masculina, feminina e EBA, respectivamente):

2023

Monbús Obradoiro/CB Chantada/Durán Maquinaria Ensino. 

2022

Río Breogán/BAXI Ferrol/Ucoga Seguros CB Chantada

2021

Río Breogán (Copa Galicia ACB)/ Básquet Coruña (Copa Galicia LEB)/ Baxi Ferrol/Ucoga Seguros CB Chantada

2019

Monbus Obradoiro/Durán Maquinaria Ensino/CB Chantada

2018

Cafés Candelas Breogán/Durán Maquinaria Ensino/CB Chantada

2017

Obradoiro CAB/Universitario Ferrol/Santo Domingo Betanzos

2016

Obradoiro CAB/Universitario Ferrol/Santo Domingo Betanzos

2015

Obradoiro CAB/Universitario Ferrol/Baloncesto Narón

2014

Obradoiro CAB/Universitario Ferrol/Baloncesto Narón

2013

Obradoiro CAB/Universitario Ferrol/Baloncesto Narón

2012

Obradoiro CAB/ Feel Cortegada/Establecimientos Otero Cambados

2011

Obradoiro CAB/ Real Club Celta Baloncesto/Baloncesto Narón

2010

Obradoiro CAB/Extrugasa

2009

Leche Río Breogan/Real Club Celta Indepo/ CB Chantada

2008

C.B. Breogán/Real Club Celta Indepo/ C.B. Cluny

2007

Leite Río Breogán / R.C. Celta Vigourban

2006

C. Ourense Baloncesto / Ensino Porta XI

2005

C.B. Breogán / R.C. Celta Vigourban

2004

Leite Río Breogán / Extrugasa Cortegada

2003

Leite Río Breogán / R.C. Celta Banco Simeón

2002

Leite Río Universidade / R.C. Celta Banco Simeón

2001

C. Ourense Baloncesto / R.C. Celta Banco Simeón

2000

Breogán Universidade

1999

C. Ourense Baloncesto / R.C. Celta Banco Simeón

1998

C.B. Breogán Universidade / Banco Simeón

1997

Xacobeo Ourense / Banco Simeón

1996

Sondeos do Norte / Banco Simeón

1995

Xacobeo Ourense

1994

Coren Ourense

1993

OAR Clesa Ferrol

1992

Coren Ourense

1991

OAR Clesa Ferrol

1990

OAR Ferrol/C.B. Cluny

1989

OAR Ferrol/Pabellón Caixa

1988

OAR Ferrol/C.B. Cluny

1987

C.B.Breogán/ Círculo Mercantil

1986

C.B.Breogán