O Comité Galego de Árbitros, en virtude da actual situación sanitaria e das súas consecuentes restriccións respecto á posibilidade da práctica deportiva federada, comunica que a súa actividade formativa no nivel iniciación online queda suspendida ata novo aviso e sempre buscando poder levala a cabo no momento no que se poida garantizar aos alumnos e alumnas un mínimo base na súa formación práctica presencial, cuestión que polo momento non é posible.
Nesta tesitura, o Comité Galego de Árbitros quere agradecer tamén o interés de todas aquelas persoas que se poñen en contacto por diferentes vías para coñecer a programación e calendario formativo en iniciación para esta temporada 2020 - 2021, un ciclo deportivo de carácter especial polas circustancias sanitarias.