DESIGNACIÓNS
Nove colexiados galegos para os Campionatos de España de clubs Júnior, Cadete e Infantil
13/04/2012
A Federación Española de Baloncesto vén de confirmar a distribución dos colexiados que participarán nos Campionato de España nas categorías infantil, cadete e júnior.
No caso galego, son nove os árbitros que terán a oportunidade de vivir unha experiencia deportiva destas características. A súa distribución é a seguinte:
Campionato de España Infantil Masculino (Vecindario, Gran Canaria - do 17 ao 23 de xuño)
Cristian Martín Vázquez (EBA) e Luis Estévez Estévez
Campionato de España Infantil Feminino (Lanzarote) - do 17 ao 23 de xuño
Adrián Gallego Cid (EBA) e Alejandro Pérez Freire.
Campionato de España Cadete Masculino (Marín, Pontevedra) - do 27 de maio ao 2 de xuño
Fran Huete Salcedo (EBA), Cristina García Fernández e Luis Rivadulla Boente.
Campionato de España Cadete Feminino (Aragón) - do 27 maio ao 2 de xuño
Patricia Díez Cabaleiro.
Campionato de España Júnior Feminino (Zaragoza) - do 13 ao 19 de maio
Diego Domínguez Portas (EBA).
Traballo previo
Coa intención de preparar da mellor forma posible a súa participación en cada unha destas citas, os nosos árbitros, tutelados polo Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez; formaran grupos de traballo nos que achegar e compartir as súas inquedanzas e experiencias no campo da arbitraxe. Así mesmo, en datas próximas aos campionatos, combinarán esta labor teórica con adestramentos en pista e controis e test físicos.