Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

Árbitros

Cristian Martín, representación galega no XIV Clinic de Formación para Árbitros da FEB 30/06/2011

O Comité Galego de Árbitros de Baloncesto designa a Cristian Martín para asistir ao XIV Clinic de Formación de Árbitros que a Federación Española de Baloncesto organiza anualmente por estas datas na localidade manchega de Alcázar de San Juan.

O colexiado galego permanecerá tomando parte deste Clínic entre os días 4 e 9 de xullo, xornadas nas que compartirá formación e convivencias con 23 compañeiros máis procedentes das distintas Federacións Autonómicas.

Completo Programa

Durante este XIV edición os colexiados asistentes poderán asistir a diferentes charlas de profesores especializados nas que poderán resolver dúbidas e recibir unha serie de sesións formativas. Estas estarán centradas, principalmente, na normativa e nas situacións específicas, así como en detalles doutros aspectos da arbitraxe como a preparación física e a psicoloxía.

Para traballar  estes conceptos cos 24 colexiados e impartir as citadas sesións, o XIV Clínic de Formación contará coa presenza dos seguintes técnicos FEB, ACB e FIBA:

Luns, 4 de xullo


Víctor más:
"Control de partido e feedback posterior ao mesmo" e "Traballo en pista".

Martes , 5 de xullo

Pedro Rocío:
"Dirección de partido".Clara Baquero: "Aspectos psicolóxicos na toma de decisións".

Mércores, 6 de xullo


Javier Pinilla: "Preparación física para o árbitro de baloncesto".

José Ramón García Ortiz:
"O traballo en equipo e as axudas na arbitraxe".

Ángel de Lucas:
"Aplicación da vantaxe - desvantaxe en violacións".

Xoves, 7 de xullo

Pedro Rocío:
"Frases sobre arbitraxe".

Javier Murgui:
"Xestión de grupos aplicada ao baloncesto".

Pedro Munar:
"As relacións arbitrais".

Venres, 8 de xullo

Alan Richardson:
"Resolvendo problemas", "Standards de arbitraxe" e "Criterio


© Federación Galega de Baloncesto 2007