
árbitros
Nove árbitros galegos asistirán aos Campionatos de España de Clubs 25/04/2011Tomarán parte dos Campionatos júnior masculino e feminino e infantil feminino.
Nove colexiados do Comité Galego de Árbitros foron designados pola área arbitral da Federación Española de Baloncesto para participar nas diferentes fases finais dos Campionatos de España de Clubs, competicións que se estrearán coa categoría júnior a partir do vindeiro 15 de maio.
Os árbitros galegos nomeados son Daniel Pazos, David Seoane e Cristian Martín, que asistirán en Porriño ao Campionato de España Júnior Masculina (do 15 ao 21 de maio); Fran Huete, Adrián Gallego e Xosé Santos, que formarán parte nas mesmas datas do Júnior Feminino na localidade canaria de Santa Lucía; e por último, Cesar Baena Blanco, Francisco Seguin Outeiriño e Diego Domínguez que participarán no Campionato Infantil Feminino, cita que recalará en Vigo entre os días 19 e 25 de xuño.
© Federación Galega de Baloncesto 2007