
Cómite galego de árbitros
O Curso de Formación On Line do CGAB, en marcha dende hoxe con éxito de participación 21/10/2010O Comité Galego de Árbitros celebra no día de hoxe a súa primeira experiencia do Curso On Line, nova iniciativa posta en marcha esta temporada para facilitar a formación arbitral das persoas que, por diversas razóns, non poden acceder de xeito presencial ás aulas.
Esta iniciativa formativa dá comezo cun completo éxito de participación ao cubrirse, de xeito completo, o límite de prazas dispoñibles, un total de 50. Así, serán neste número os alumnos que na noite de hoxe (de 21.00h a 2.00 h) tomen, a través do seu ordenador, a primeira das clases, referente neste caso as tarefas dos Oficias de mesa e impartida por Lucía Díaz, oficial de mesa da LEB ORO.
O devir deste curso nos vindeiros días, e os resultados obtidos tras a finalización do mesmo, determinarán para o CGAB as posiblidades de continuar aplicando esta ferramenta de formación. As perspectivas, polo de agora, son positivas.
Cursos Presenciais
Así mesmo, e dun xeito máis tradicional, todos os interesados en formase como colexiados ou oficias de mesa poden continuar inscribíndose nos Cursos Presenciais, os cales continúan a facerse nestas mesmas datas nas diferentes delegacións da Federación.
© Federación Galega de Baloncesto 2007