Oportunidade formativa de excepción para os árbitros e oficiais do Comité Galego de árbitros a que temos esta tarde de venres, 31 de xaneiro; en Lugo.
Encontro en Lugo coa colexiada Esperanza Mendoza
- 31 Xaneiro 2020 |
- Sección: Árbitros
Galicia pecha o seu #KDTINF2020. A expedición galega completa esta experiencia deportiva coa celebración este luns, 7 de xaneiro;do seu último partido, a final infantil masculina preferente na que os xogadores que dirixe Javi Peinó Impuxéronse a Murcia e fixéronse co título de Campións desta categoría.
Quenda para as cruces clasicatorias neste #KDTINF2020. No panorama galego afrontamos este luns, 6 de xaneiro; dous duelos importantes en categoría especial no apartado feminino, e unha loita dispar no masculino. Os infantís de Javier Peinó disputarán unha das dúas semifinais da súa categoría Preferente, mentras que os cadetes buscarán o quinto posto da Especial. Todo será en horario de tarde, celebrando así tamén un bo día de Reis!
Galicia no #KDTINF2020: Galería de Imaxes - 06/01/20
Galicia no #KDTINF2020: Galería de Imaxes - 05/01/20
Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantís e Cadetes no terceiro día de competición no Campionato de España de Seleccións 2020, data na que pechamos a fase de grupos e coñeceremos as cruces clasificatorias.
Galicia no #KDTINF2010: Galería de IMaxes - 03/01/20
Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantís e Cadetes no segunda data de competición da Fasea de Grupos no Campionato de España de Seleccións 2020 que estamos a vivir en Huelva.
Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantís e Cadetes no seu primeiro día de competición no Campionato de España de Seleccións 2020 que se inicia este venres, con sede na provincia de Huelva.
Fin de semana de protagonismo para o baloncesto galego de formación fóra das nosas fronteiras. A localidade portuguesa de Anadia acolle este venres e sábado, 27 e 28 de decembro; a IV edición do Torneo Internacional Aveiro x Porto - Sub 16, evento que organizan en conxunto a Associaçao de Basquetbol de Aveiro e a Associaçao de Basquetbol de Porto.
Unha dobre representación FGB, formada por dous combinados autonómicos da xeración 2005, tomará parte nesta cita competitiva, na que tamén comparecerán os propios equipos anfitrións de Aveiro e Oporto, un combinado masculino de Castilla León, e o equipo feminino Sub 19 do Clube dos Galitos de Aveiro.
Xa temos postal para estas festas!. A Federación Galega de Baloncesto escolle o debuxo creado por Carla González Calvo, do CB Viveiro; como a vencedora da décima edición do Certame de Deseño “O Baloncesto e o Nadal”.
A proposta enviada por Carla (11 anos de idade) convértese na postal oficial coa que a FGB quere desexar a todos os federados e afeccionados un Feliz Nadal e un gran 2020.
Galicia xa coñece as súas Seleccións Autonómicas definitivas que competirán e desfrutarán no inminente Campionato de España Infantil e Cadete, a celebrar entre o tres e sete de xaneiro de 2020 na provincia de Huelva. Os equipos definitivos que conformarán cada Selección, cuxas listas oficiais poden consultarse nso documentos que achegamos, chegan a este punto tras afrontar unha completa etapa de preparación da que é obrigado recoñecer a aportación de todos os xogadores e xogadoras que teñen formado parte dela, así como dos seus clubs de orixe.
A zonal FGB en Ourense despedirá 2019 formando a novos adestradores e adestradoras. A Área Deportiva FGB activa un novo curso de iniciación coa colaboración do Colexio Carmelitas Vedruna, que será a sede do mesmo. As datas de celebración, así como o reparto de carga lectiva a ter en conta para os futuros alumnos e alumnas, rexístranse así:
O CAD Manuel Peleteiro FGB cumpre o seu primeiro trimestre da temporada sumando á súa programación didáctica xeral novas actividades formativas de calidade
Na xornada deste venres, 6 de decembro; os 60 alumnos que configuran o Ciclo Inicial e Ciclo Final nesta temporada 2019 – 2020, tomarán parte de tres eventos específicos e especiais, organizados para complementar á súa formación presencial, e lideradas por tres profesionais do Baloncesto Galego dende diferentes perspectivas.
Tempo para aumentar o ritmo de preparación no camiño das Preseleccións Galegas Infantís e cadetes de cara ao Campionato de España, cita que se celebrará do tres ao sete de xaneiro de 2020 e para a que xa coñecemos o calendario!
Os nosos catro combinados afrontan esta primeira fin de semana festiva de decembro un punto álxido da súa programación de traballo, e farano competindo en dous torneos amigables diferenciados por categoría, masculina e feminina, e a desputarse fóra de Galicia.
Segunda sesión da temporada na ESGAR. A Escola Galega de Árbitros da Federación Galega de Balocnesto regresa a acción e sumará este xoves, 28 de novembro; a súa segunda convocatoria da 2019 – 2020.
Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta. E nós, todos os días é de xeito especial neste 25 de novembro; representad@s polas nosas #seleccionsgalegas e os integrantes do Comité Galego de Árbitros, témolo claro. Sen ningún xénero de dúbida: NON!
Regreso a A Estrada para as nosas Preseleccións Galegas Infantís e Cadetes, inmersas xa de cheo na recta final da súa preparación para o Campionato de España (do 3 ao 7 de xaneiro 2020. Punta Umbría). Os nosos catro combinados autonómicos adestrarán desta volta unicamente en xornada de tarde, aproveitando a deste este domingo, 24 de novembro; para facelo. En primeira quenda, de 16.00 h a 18.00 h, tomarán a pista do Pavillón Manuel Coto Ferreiro o grupo infantil; deixando a franxa das 18.00 h a 20.00 h para os e as cadetes.
A Federación Galega de Baloncesto e a marca deportiva asinan un convenio de colaboración para impulsar o programa de formación en valores e igualdade a través do Baloncesto, o denominado “O Baloncesto Educa”.
"O Baloncesto Educa" estrea web. O proxecto de formación en valores e en igualdade que dende a Federación Galega de Baloncesto queremos espallar por toda a categoría Preminibasket abre o seu propio portal web no que poder consultar ao detalle as bases do proxecto, o seu equipo de traballo, así como todas as novidades que se irán creando no mesmo. Tedes xa toda esta información, a un golpe de click, en www.obaloncestoeduca.com
15 xogadores protagonizarán este domingo, 17 de novmebro; una nova concentración da Preselección Galega Cadete Masculina. Con sede en A Estrada, no xa coñecido para eles Pavillón Manuel Coto Ferreiro, o combinado autonómico que dirixe Óscar Díaz adestrará en solitario. As restantes preseleccións cadetes e infantís uniranse a eles o vindeiro domingo, 24 de novembro; data na que adestrarán as catro preseleccións nesa mesma ubicación.