(Comunicación FEB) Na reunión telemática celebrada hoxe decidiuse dar por concluída a tempada regular 2019/20 debido á excepcional situación provocada polo COVID-19. As Fases de Ascenso levaranse a cabo priorizando a saúde dos deportistas, e sempre que tanto as autoridades sanitarias como os clubs poidan cumprir cos protocolos sanitarios aprobados. O 25 de maio será a data tope para decidir se se pode xogar polo ascenso, no caso de que non sexa posible, a Comisión Delegada ten regulado tamén que equipos ascenderían.
Todas as decisións adoptadas hoxe están apoiadas pola resolución do Consello Superior de Deportes que habilita ás Comisións Delegadas das Federacións Deportivas para adoptar os acordos de finalización das competicións que estime convenientes.