Deporte Galego

Campus Baloncesto Peleteiro 2017

  • 09 Xuño 2017 |
  • Sección: Clubs

Activa a edición 2017 para o "Campus Baloncesto Peleteiro". Esta cita, xa tradicional coa chegada do verán, cumple esta temporada a súa XXV edición, orientada a nenos e nenas de 7 a 16 anos de idade para os que combinará aprendizaxe, ocio e, por suposto, a práctica do baloncesto

Adestradores: I Clinic "Vila de Cambados"

  • 09 Xuño 2017 |
  • Sección: Clubs

Concello de Cambados, Federación Galega de Baloncesto e Club Xuventude Baloncesto promoven o "I Clinic Vila de Cambados", actividade a realizar no marco do XXXVIII Campionato de España de Clubs Infantil Masculino que se celebra na vila de Marín nestas datas.

Reunión de traballo das Federacións do norte de España

(info: Federación Riojana) Na tarde deste luns, 5 de xuño: tivo lugar na cidade de Bilbao, sede da Federación Vizcaína de Baloncesto; unha proveitosa reunión de traballo onde participaron as Federacións do norte de España que comparten grupo na Liga EBA e, conxuntamente, traballan para a mellora das competicións nacionais tanto de Primeira como de Segunda división, masculina e feminina.

A “Xuntanza Preminibasket” regresa a Noia

A Área Deportiva da FGB reactiva convocatoria da “Xuntanza” para a categoría Preminibasket. Apostando unha vez máis polo Concello de Noia como sede, e coa colaboración do C.B. Noia; este mesmo domingo, 4 de xuño; o departamento técnico FGB reúne nos dous pavillóns da vila as súas sete seleccións zonais, masculina e feminina: e a un combinado de xogadores e xogadoras autonómicos.

Cambados sortea o calendario do Infantil Masculino

(Info: FEB) Cambados e Vilanova de Arousa vivirán, do 11 ao 17 de xullo, o Campionato de España Infantil Masculino cos 32 mellores equipos do país. Sete días de baloncesto de futuro cuxo calendario sorteouse este martes.

Maristas Coruña, Instituo Rosalía e Estudiantes Lugo Leyma Natura serán os representantes autonómicos nesta cita, que se estenderá entre o 11 e o 17 de xuño.

O Campionato de España Infantil Feminino sortea o seu calendario en Marín

(Info:FEB) Viviron unha temporada na LEB Ouro, e agora os afeccionados da localidade pontevedresa de Marín gozarán dos mellores talentos femininos de menos de 14 anos co Campionato de España Infantil Feminino. 

R.C. Celta Zorka, PIO XI Rosalía e Colexio Mariano Franciscanas serán os representantes autonómicos nesta cita, que se estenderá entre o 11 e o 17 de xuño.

As Fases Finais Minibasket e Preminibasket FGB regresan á A Estrada

Federación Galega de Baloncesto, Concello de A Estrada e EDM A Estrada conxugan traballo e aposta polo baloncesto unha temporada máis. No seu obxectivo: a festa das Fases Finais Minibasket e Preminibasket, evento que este ano contará ademais cun convidado de excepción: o Babybasket.

Fase Final Liga FGB Pizza Móvil Infantil Feminina: Resultados

Consulta os resultados da Fase Final Liga FGB Pizza Móvil Infantil Feminina, cita que se disputou este mesmo sábado, 20 de maio; en Santiago de Compostela baixo a organización de FEDESA e con restransmisión en directo de FEGABATV.  En xogo: o Subcampionato galego e dúas prazas clasificatorias no Campionato de España de Clubs.

Fase Final Liga FGB Pizza Móvil Infantil Masculina: Resultados

Consulta os resultados da Fase Final Liga FGB Pizza Móvil Infantil Masculina, que se celebrou este sábado, 20 de maio; en Lugo Baixo a organización de Estudiantes Lugo e con restransmisión en directo de FEGABATV. En xogo: o Subcampionato galego e dúas prazas clasificatorias no Campionato de España de Clubs.

A Liga Sub 22 Feminina, en marcha

Universitario Campus Ourense, Carmelitas Caldaria, Seis do Nadal e C.B. Arxil protagonizan esta temprada 2016 – 2017 a Liga Sub 22 feminina, competición que celebra este sábado, 20 de maio; a primeira das tres concentracións que lle darán vida.

Maristas Coruña, na loita polo ascenso a LF2

Maristas Coruña busca desde esta tarde de venres o premio do ascenso a Liga Feminina 2. Nunha fase na que compartirá xogo con Megacalzado Ardoi (Zizur) Ascensores Tresa (Gijón) e Lagunak Lakita (Barañáin), anfitrión; o equipo que dirixe Fernando Buendía desputará o ansiado ascenso baixo o seguinte calendario.

Fases Finais Ligas FGB Pizza Móvil Infantil: Sede e Calendario

Santiago de Compostela e Lugo serán as sedes para as penúltimas Fases Finais de categorías base que restan por disputar nesta 2016 – 2017. As Ligas FGB Pizza Móvil Infantís celebrarán este sábado, 20 de maio; ambas as citas, recalando en Compostela a feminina e na cidade da Muralla a masculina.

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka