Deporte Galego

Éxito do "Claustro Docente FGB"

Durante toda a xornada do xoves, 12 de outubro; tivo lugar en Sarria unha edición máis do "Claustro Docente FGB". O organismo federativo contou para ilo coa colaboración do Concello de Sarria e do Club Baloncesto Sarria, recurrindo para ilo ás instalacións do Novo Pavillón do Chanto, así como do Pavillón dos Institutos da vila xacobea.

Chega a Licenza dixital para os árbitros e oficiais galegos

A Federación Galega de Baloncesto e o Comité Galego de Árbitros activan a “licenza dixital” para todos os seus compoñentes. A través dunha aplicación móbil, que teñen xa á súa disposición para descarga desde esta mesma tarde, todos os colexiados e oficiais de mesa galegos disporán da súa licenza persoal en formato dixital, así como do aceso a outros servizos de información e consulta da actualidade desde ese mesmo soporte. 

Seleccións Galegas: Tito Díaz chega á Selección Cadete Masculina

As Preseleccións galegas reencóntranse esta fin de semana cos adestramentos. Na que suporá a súa segunda concentración da temporada, os combinados autonómicos, que chegan cunha importante novidade no banquiño cadete masculino; repartirán o seu traballo en dúas vilas galegas, sedes xa habituais para este cometido.

A “Xuntanza Minibasket”, destino Xinzo de Limia

A Área Deportiva da FGB renova o formato “Xuntanza” para o seu traballo de tecnificación e avaliación nesta 2017 - 2018. Coa categoría Minibasket como obxectivo, esta cita anual na que a Federación Galega de Baloncesto reúne aos seus sete combinados zonais, máis dous grupos e xogadores e xogadoras de ámbito autonómico, terá lugar desta volta este mesmo sábado, 30 de outubro, no Concello de Xinzo de Limia.

Ferrol, lista para acoller a final da XXXI Copa Galicia Feminina

Ferrol deulle este mércores, 20 de setembro; a benvida a unha nova Fase Final da Copa Galicia Sénior Feminina.  Esta competición, que neste 2017, celebra a súa XXXI edición, regresa á cidade de Ferrol, veña coñecida da mesma, para desputar a súa final nunha cita que terá lugar o domingo 24; ás 12.00 h, e protagonizada polo anfitrión, Star Center Universitario Ferrol e por R.C. Celta Zorka.

A MiniCopa Galicia, coprotagonista en Marín

A XXXII edición da Copa Galicia Sénior Masculina presenta este ano un aliciente especial. Da man de Concello de Marín e C.B. Peixefresco Marín, e coa colaboración do Comité Galego de Árbitros; durante a fin de semana cobrará vida a MiniCopa Galicia.

Copa Galicia: Calendario Fases Finais Sénior

A Copa Galicia xa coñece o cadro completo das súas Fases Finais Sénior, Masculina e Feminina. Pechada na noite do martes, 19 de setembro; a fase previa en ambas as categorías, a identidade dos protagonistas que obteñen a súa clasificación e que darán vida á competición buscando un novo título de Copa recae nas mans dos xa semifinalistas C.B. Breogán (1º clasificado fase previa masculina) e Club Ourense Baloncesto (2º clasificado fase previa masculina); e R.C. Celta (1º clasificado fase previa feminina). Cun posto na final agardan tamén Star Center Universitario Ferrol e Monbus Obradoiro

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka